Escola Cooperativa Móbil

A Escola Cooperativa Móbil é un aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación de cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo dar a coñecer as vantaxes do modelo cooperativo para sacar adiante os novos proxectos empresariais aos estudantes de Formación Profesional, aos de Ensino Secundario Obrigatorio e de Bacharelato, e as persoas que estean a realizar un curso de formación ocupacional.

Na Escola Cooperativa Móbil ofrecerase información completa sobre o cooperativismo, orientación da man de técnicos especializados e un programa de actividades, co obxectivo de situar nun primeiro plano o cooperativismo como unha opción laboral de futuro. A aula, dotada dos medios tecnolóxicos e didácticos necesarios, mostrará aos mozos o cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral.

- Web Cooperativízate

Etiquetas: