Publicación de materiais de apoio para as ensinanzas de formación profesional

O repositorio de recursos para as ensinanzas de formación profesional de ciclos formativos LOE incrementouse con 23 novos materiais de apoio para os módulos profesionais. Trátase de 23 actividades en formato editable e do correspondente deseño da unidade didáctica onde están contextualizadas ditas actividades.

Os materiais proceden do traballo elaborado polo profesorado participante nas licenzas de formación concedidas no primeiro e no segundo trimestre do curso 2012/13 (Orde do 27 de xuño de 2012- DOG 06/07/2012):

  • 5 actividades para o módulo MP0690. Botánica agronómica, do ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural e do ciclo superior Paixasismo e medio rural. Autoría: María del Carmen López Marcos.
  • 9 actividades para o módulo MP0569. Eficiencia enerxética en edificación, do ciclo superior de Proxectos de edificación. Autoría: Jorge Manuel Badás Peiteado.
  • 9 actividades para o módulo MP0373. Linguaxes de marcas e sistemas de xestión da información, do ciclo superior de Administración de sistemas informáticos e redes, do ciclo superior de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e do ciclo superior de Desenvolvemento de aplicacións web. Autoría: Víctor Manuel Lourido Estévez e Margarita Pin Rodríguez.

O acceso a dito repositorio de recursos atópase na ligazón www.edu.xunta.es/programacions, xunto ás opcións de elaboración e seguimento de programacións.

Estes recursos  teñen licenza Creative Commons BY-NC-SA (recoñecemento - non comercial - compartir igual). Para obter información máis detallada deste tipo de licenza visitar a ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es

Etiquetas: