Convocatoria dos premios Selo Europeo das Linguas 2014

O Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos, nunha iniciativa conxunta europea, convoca os premios Selo Europeo 2014 co obxecto de distinguir e difundir as iniciativas e mellores prácticas no eido do ensino de linguas, tanto a nivel local como nacional. Os centros, educativos e institucións, organismos ou asociacións que desenvolvan iniciativas innovadoras no ensino ou aprendizaxe de calquera lingua –incluída a de signos– poden optar:

  • Na modalidade A, a un dos tres premios en metálico ou un diploma acreditativo.
  • Na modalidade B, as institucións poden propor para o premio a candidatura dun profesional que destaque na súa traxectoria no ensino de linguas.

O prazo de presentación remata o 30 de maio de 2014.

Na presente convocatoria a Comisión Europea establece as seguintes prioridades para o Selo Europeo 2014:

  1. As linguas para favorecer a inclusión social
  2. As linguas e o deporte.

As solicitudes presentaranse a través do rexistro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo:
Dirección Xeral de Educación, F.P e Innovación Educativa
Programas Europeos
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela

As bases da convocatoria publicáronse no BOE do 23 de abril de 2014:             
http://www.boe.es/boe/dias/2014/04/23/pdfs/BOE-A-2014-4363.pdf

Pode atopar máis información sobre o Selo Europeo das Linguas en:
http://ec.europa.eu/languages/policy/strategic-framework/language-label_en.htm
http://ec.europa.eu/education/language/label/label_public/index.cfm?lang=EN
http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/sello-europeo.html

Enderezo electrónico de consulta:
programas.europeos@edu.xunta.es

Etiquetas: