BINA11

 

BINA11 - Industrias alimentarias

Ciclo formativo
Familia: Industrias alimentarias
Sistema educativo: LOE
Grao: básico
Horas: 2000
Código: BINA11
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Recibir, preparar e procesar materias primas e auxiliares para a produción en industrias alimentarias e químicas, aplicando protocolos establecidos para a elaboración e o envasamento de produtos, e realizando operacións sinxelas e rutineiras de laboratorio, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas correspondentes de hixiene alimentaria, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Na industria alimentaria de pequeno, mediano ou gran tamaño, tanto as que se dedican á fabricación directa de transformacións alimentarias como as de servizos e produtos auxiliares para o sector. Desenvolve, xeralmente por conta allea, tarefas normalizas de apoio nas áreas de recepción, preparación, elaboración e conservación, operando de xeito automático con dispositivos, equipamentos e instalacións, e en areas de laboratorio, realizando tarefas sinxelas e rutineiras. Realiza, así mesmo, tarefas de coidado e mantemento de instalacións e equipamentos, e labores relacionados co transporte interno e coa almacenaxe. Ocasionalmente, pode tamén exercer a súa actividade por conta propia no campo da artesanía relacionada coa fabricación de produtos alimentarios derivados da gandaría. Opera seguindo instrucións de persoas coa titulación de técnico/a superior e segundo procedementos establecidos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Peón da industria da alimentación e bebidas; preparador/ora de materias primas; operador/ora de máquinas para elaborar e envasar produtos alimentarios; mozo/a de almacén; operador/ora de carreta; auxiliar de planta alimentaria; auxiliar de mantemento en industria alimentaria; auxiliar de liña de produción; auxiliar de almacén; auxiliar de limpeza e desinfección de instalacións, aparellos e material de laboratorio; axudante de plantas residuais; axudante de plantas de tratamento de augas.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
AM3009 Ciencias aplicadas I 175 6
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I 206 7
MP3134 Elaboración de produtos alimentarios 237 8
MP3070 Operacións auxiliares de almacenaxe 146 5
MP3133 Operacións auxiliares na industria alimentaria 146 5
AM3010 Ciencias aplicadas II 162 7
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II 135 6
MP3137 Formación en centros de traballo 320
MP3135 Limpeza e mantemento de instalacións e equipamentos 209 9
MP3136 Operacións básicas de laboratorio 202 9

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ribeira 15014556 CIFP Coroso 881866874

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ribadavia 32015475 IES O Ribeiro 988788460

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vilagarcía de Arousa 36013771 CIFP Fontecarmoa 886151956




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).