Proxectos de formación da convocatoria 2014-2015. Resolución provisional

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.

Contra a presente resolución poderase interpor reclamación ante a presidenta da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A reclamación poderá presentarse en calquera oficina de Rexistro da Xunta de Galicia ou do Portelo Único, ou por calquera das formas establecidas no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

No caso de presentar o recurso nunha oficina de correos, farase en sobre aberto para que as solicitudes sexan datadas e seladas polo funcionario correspondente e posteriormente proceder ao seu envío certificado.