Admisión: 2ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria 2017

Publicación das listaxes da convocatoria extraordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o mércores 20 de setembro ata as 13:00 horas do venres 22 de setembro de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. No caso de presentar renuncia, hai que ter en conta que esta é a última adxudicación e que soamente se empregarán as listaxes de espera para cubrir as prazas que resulten vacantes por inasistencia ás actividades lectivas do alumnado matriculado.

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

As persoas con usuario e contrasinal activos, poderán obter este modelo, xa cuberto coa praza ou prazas adxudicadas, na pestana "2.4 Imprimir matrícula" da aplicación informática de admisión. No caso de non ter usuario e contrasinal activos, tamén poderán obter o devandito modelo premendo no texto "Impresión da folla de matrícula" na pantalla de inicio da aplicación. Será necesario o número de documento de identificación e o código de solicitude.

Unha vez impreso e cubertos os campos que correspondan, deberase entregar asinado no centro educativo no que se desexe realizar a matrícula.

 - Acceso á aplicación informática

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

Nota: As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación. Estas listaxes son dinámicas, actualízanse no momento no que se producen novas matrículas ou renuncias. A información do número de matrículas e de renuncias é o resultado do proceso de admisión desde o seu inicio, e non só da adxudicación en curso.

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o mércores 20 de setembro ata as 13:00 horas do venres 22 de setembro de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

As persoas con usuario e contrasinal activos, poderán obter este modelo, xa cuberto coa praza ou prazas adxudicadas, na pestana "2.4 Imprimir matrícula" da aplicación informática de admisión. No caso de non ter usuario e contrasinal activos, tamén poderán obter o devandito modelo premendo no texto "Impresión da folla de matrícula" na pantalla de inicio da aplicación. Será necesario o número de documento de identificación e o código de solicitude.

Unha vez impreso e cubertos os campos que correspondan, deberase entregar asinado no centro educativo no que se desexe realizar a matrícula.

 - Acceso á aplicación informática

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

Etiquetas: