Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria 2018

Publicación das listaxes da convocatoria extraordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o mércores 19 de setembro ata as 13:00 horas do venres 21 de setembro de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Na 2ª adxudicación extraordinaria non é posible solicitar a matrícula na praza adxudicada vía web, xa que logo as actividades lectivas xa comezaron e a incorporación ao centro debe ser inmediata tras a realización da matrícula.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

No caso de presentar renuncia, hai que ter en conta que esta é a última adxudicación e que soamente se empregarán as listaxes de espera para cubrir as prazas que resulten vacantes por inasistencia ás actividades lectivas do alumnado matriculado.

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

As persoas con praza adxudicada poderán obter o modelo, xa cuberto coa praza ou prazas adxudicadas, premendo no texto "Impresión da matrícula" na pantalla de inicio da aplicación informática de admisión. Será necesario o número de documento de identificación e o código de solicitude. As persoas con usuario e contrasinal activos, tamén poderán obter este modelo cuberto na pestana "2.4 Imprimir matrícula para entregar no centro" da aplicación informática de admisión.

Unha vez impreso e cubertos os campos que correspondan, deberase entregar asinado no centro educativo no que se desexe realizar a matrícula, dentro do prazo establecido.

 - Acceso á aplicación informática

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

Nota: As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación. Estas listaxes son dinámicas, actualízanse no momento no que se producen novas matrículas ou renuncias. A información do número de matrículas e de renuncias é o resultado do proceso de admisión desde o seu inicio, e non só da adxudicación en curso.

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o mércores 19 de setembro ata as 13:00 horas do venres 21 de setembro de 2018A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Na 2ª adxudicación extraordinaria non é posible solicitar a matrícula na praza adxudicada vía web, xa que logo as actividades lectivas xa comezaron e a incorporación ao centro debe ser inmediata tras a realización da matrícula.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

As persoas con praza adxudicada poderán obter o modelo, xa cuberto coa praza ou prazas adxudicadas, premendo no texto "Impresión da matrícula" na pantalla de inicio da aplicación informática de admisión. Será necesario o número de documento de identificación e o código de solicitude. As persoas con usuario e contrasinal activos, tamén poderán obter este modelo cuberto na pestana "2.4 Imprimir matrícula para entregar no centro" da aplicación informática de admisión.

Unha vez impreso e cubertos os campos que correspondan, deberase entregar asinado no centro educativo no que se desexe realizar a matrícula, dentro do prazo establecido.

 - Acceso á aplicación informática

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

Etiquetas: 
Tema: