Participación da FP galega en EuroSkills Budapest 2018

Raúl Fernández Lorenzo e Miguel Paz Pena, alumnos da FP galega que gañaron a medalla de ouro no GaliciaSkills 2016 e no SpainSkills 2017, nas especialidades de Torneado e fresado e Tecnoloxía do automóbil, respectivamente, participaron no Campionato Europeo de Formación Profesional EuroSkills 2018, en Budapest.

Os titores que acompañaron aos alumnos son Javier Fondevila Blanco, do IES Politécnico de Vigo e Miguel Vilela González, do IES As Mariñas, de Betanzos. A delegación española participou en 22 competicións, acadando dúas medallas e catro diplomas.

Os dous alumnos galegos realizaron unha excelente competición e Miguel Paz pena conseguiu un diploma na especialidade de Tecnoloxía do automóbil.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • EuroSkills 2018
  • EuroSkills 2018
  • EuroSkills 2018
  • EuroSkills 2018
  • EuroSkills 2018
  • EuroSkills 2018
  • EuroSkills 2018
Etiquetas: 
Multimedia: