M17002

 

M17002 - Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOXSE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: M17002
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Realizar o mantemento e a reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos. Obter a produción en liñas automatizadas coa calidade, cantidade e nos prazos requiridos, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de produción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade. Realizar a montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servizo técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos.

 

Onde se realiza o traballo?
Execución do mantemento e da reparación de maquinaria e equipo industrial; produción en procesos automatizados como responsable de liña, integrando as funcións de produción e mantemento; produción de fabricación de maquinaria, realizando montaxe, instalación en planta e asistencia técnica.

 

En que postos de traballo?
Mecánico de mantemento. Electricista de mantemento. Electromecánico de mantemento. Montador industrial. Condutor/mantedor de liña automatizada.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos 215
Calidade na montaxe e proceso 55
Condución e mantemento de liñas automatizadas 145
Electrotecnia 185
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 80
Montaxe e mantemento eléctrico 185
Montaxe e mantemento mecánico 220
Relacións no equipo de traballo 55
Seguridade na montaxe e no mantemento de equipos e instalacións 55
Técnicas de mecanizado para o mantemento e a montaxe 290

 

Que título se obtén?
Técnico en instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).