Que se aprende a facer?
Planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, radio e/ou espectáculos, asegurando o cumprimento dos planos ou obxectivos da produción no tempo e as condicións de custo e calidade establecidas.
Onde se realiza o traballo?
Organización, administración e supervisión da produción, así como da promoción de obras ou programas audiovisuais, radiofónicos e espectáculos.
En que postos de traballo?
Técnico en produción de programas de televisión, de obras cinematográficas, de obras videográficas, de programas radiofónicos e de espectáculos e obras teatrais.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Linguaxes audiovisuais e escénicas | 130 |
Medios técnicos audiovisuais | 135 |
Produción de cine e vídeo | 265 |
Produción de espectáculos | 200 |
Produción de radio | 185 |
Produción de televisión | 240 |
Proxecto integrado | 90 |
Relacións no contorno de traballo | 55 |
Xestión e promoción de producións audiovisuais, radiofónicas e espectáculos | 185 |
Que título se obtén?
Técnico superior de produción de audiovisuais, radio e espectáculos.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.