S07004

 

S07004 - Son

Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S07004
Documentación: RD
DOC

 

Que se aprende a facer?
Definir, coordinar e realizar a captación, rexistro, tratamento e reprodución de son en producións audiovisuais, radiofónicas, musicais, espectáculos e actos, controlando e asegurando a calidade técnica e formal.

 

Onde se realiza o traballo?
Definición, coordinación e realización dos procesos de son en producións audiovisuais, radiofónicas, musicais, sonorización industrial, de espectáculos e actos.

 

En que postos de traballo?
Técnico de son en televisión, en radio, en cine, en estudos musicais, en teatro e en espectáculos (monitores e P.A.), editor e montador de son (radio-cine-TV) e técnico de son en posprodución.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Comunicación audiovisual e expresión sonora 135
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Gravacións musicais 180
Horas á disposición do centro 50
Posprodución de audio 180
Proxecto integrado 90
Radio 265
Relacións no contorno de traballo 55
Sistemas e medios técnicos de son 135
Son en producións audiovisuais 265
Sonorización industrial e de espectáculos 130

 

Que título se obtén?
Técnico superior en son.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).