SSAN01

 

SSAN01 - Audioloxía protésica

Ciclo formativo
Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSAN01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Seleccionar e adaptar próteses auditivas realizando a avaliación audiolóxica, o seguimento da persoa usuaria e o mantemento de próteses, así como determinar medidas de protección acústica a partir da avaliación dos niveis sonoros.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público e privado, en empresas privadas do sector, en gabinetes audioprotésicos e en prevención de efectos de ruído ambiental.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en audioprótese. Técnico/a especialista audioprotesista. Técnico/a en elaboración de moldes e protectores auditivos. Técnico/a en medición de nivel sonoro. Audiometrista.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0201 Acústica e elementos de protección sonora 187 7
MP0204 Atención á persoa hipoacúsica 107 4
MP0199 Características anatomosensoriais auditivas 292 11
MP0207 Formación e orientación laboral 107 4
MP0200 Tecnoloxía electrónica en audioprótese 267 10
MP0205 Audición e comunicación verbal 53 3
MP0202 Elaboración de moldes e protectores auditivos 262 15
MP0203 Elección e adaptación de próteses auditivas 262 15
MP0208 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0209 Formación en centros de traballo 384
MP0206 Proxecto de audioloxía protésica 26

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).