Iacobus-FP: intercambios Galicia-Norte de Portugal para profesorado. Amplíación do prazo

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT), como entidade xestora do Programa IACOBUS-FP, convoca o programa IACOBUS-FP destinado a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, entre Centros Públicos de Formación Profesional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa finalidade de favorecer o achegamento das competencias profesionais entre as dúas rexións para facilitar a equiparación de titulacións de Formación Profesional.

Convocados os premios extraordinarios de FP de GS correspondentes ao curso 2012/13

Convócanse, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2012/13 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2013.

Etiquetas: 

Materiais didácticos en galego para a Formación Profesional

Publicación dun recurso multimedia para a familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, en concreto, para traballar a prevención de riscos laborais nun taller de automoción.

O recurso consta de dúas partes:

Etiquetas: 

Escola Cooperativa Móbil

A Escola Cooperativa Móbil é un aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación de cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo dar a coñecer as vantaxes do modelo cooperativo para sacar adiante os novos proxectos empresariais aos estudantes de Formación Profesional, aos de Ensino Secundario Obrigatorio e de Bacharelato, e as persoas que estean a realizar un curso de formación ocupacional.

Etiquetas: 

Certificación de calidade aos Centros Integrados de Formación Profesional

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu ao acto de recoñecemento da certificación de calidade na norma UNE-EN-ISO 9001:2008 aos 17 centros da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional.

Durante o encontro, realizado no centro CIFP A Farixa de Ourense, o conselleiro destacou o labor que están a realizar os Centros Integrados de FP.

- Máis información.

Etiquetas: 

FP a distancia: listaxes da 2ª adxudicación ordinaria

Nos seguintes documentos pódense consultar a listaxe da 2ª adxudicación ordinaria para os ciclos formativos de grao medio e superior na modalidade a distancia. Nestas listaxes poderanse comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada.

O prazo para a matriculación finalizará o día 5 de agosto as 13:00 h.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Composición do tribunal. Convocatoria 2018

Publicada a Resolución do 9 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2018.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2018

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018, con data do 20 de febreiro de 2018.

Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018

Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018 destinadas ao funcionariado docente non universitario, cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Social Europeo.

Na seguinte ligazón pode consultar as persoas destinatarias, duración, documentación, lugar de presentación de solicitudes e máis información de interese.

Distribuir contido