Iacobus-FP: intercambios Galicia-Norte de Portugal para profesorado. Amplíación do prazo

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT), como entidade xestora do Programa IACOBUS-FP, convoca o programa IACOBUS-FP destinado a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, entre Centros Públicos de Formación Profesional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa finalidade de favorecer o achegamento das competencias profesionais entre as dúas rexións para facilitar a equiparación de titulacións de Formación Profesional.

Convocados os premios extraordinarios de FP de GS correspondentes ao curso 2012/13

Convócanse, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2012/13 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2013.

Etiquetas: 

Materiais didácticos en galego para a Formación Profesional

Publicación dun recurso multimedia para a familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, en concreto, para traballar a prevención de riscos laborais nun taller de automoción.

O recurso consta de dúas partes:

Etiquetas: 

Escola Cooperativa Móbil

A Escola Cooperativa Móbil é un aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación de cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo dar a coñecer as vantaxes do modelo cooperativo para sacar adiante os novos proxectos empresariais aos estudantes de Formación Profesional, aos de Ensino Secundario Obrigatorio e de Bacharelato, e as persoas que estean a realizar un curso de formación ocupacional.

Etiquetas: 

Certificación de calidade aos Centros Integrados de Formación Profesional

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu ao acto de recoñecemento da certificación de calidade na norma UNE-EN-ISO 9001:2008 aos 17 centros da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional.

Durante o encontro, realizado no centro CIFP A Farixa de Ourense, o conselleiro destacou o labor que están a realizar os Centros Integrados de FP.

- Máis información.

Etiquetas: 

FP a distancia: listaxes da 2ª adxudicación ordinaria

Nos seguintes documentos pódense consultar a listaxe da 2ª adxudicación ordinaria para os ciclos formativos de grao medio e superior na modalidade a distancia. Nestas listaxes poderanse comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada.

O prazo para a matriculación finalizará o día 5 de agosto as 13:00 h.

Etiquetas: 

ReforMás, feira para a reforma e rehabilitación do negocio e do fogar

Entre o 19 e 21 de outubro celébrase no recinto de exposicións, feiras e congresos EXPOCoruña a II edición da feira para a reforma e rehabilitación do negocio e do fogar. O evento desenvolverase en tres xornadas de exposición e formación continua e especializada dirixida ao público en xeral e a profesionais do sector para informar sobre as últimas novidades e solucións de vangarda en construción eficiente, paisaxismo sostible, interiorismo de tendencia, etc.

Selección de estadías formativas 2018. Resolución de avaliación

Publicada a Resolución de avaliación da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Bolsas para mocidade do exterior FP. Listaxes provisionais de solicitudes. Convocatoria 2018/19

Con data do 6 de agosto de 2018 publicouse a Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (ED333A).

Etiquetas: 
Distribuir contido