Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2024. Listaxes provisionais de inscrición e exencións

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 18 ao 22 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Mais información.

Etiquetas: 

Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao superior. Proxecto KA131-HED-000147436

Publícase a Resolución do 13 de marzo de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA131-HED-000147436.

Convocatoria do programa Retorna Talento FP 2024-2025

Publicada a Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B)

Etiquetas: 

Relación de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP 2024

Publicada a listaxe de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU (Resolución do 14 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional).

Nas seguintes ligazóns atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo, así como a documentación requirida se é o caso.

Relación de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024

Publicada a resolución do 5 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024, convocados na Resolución do 10 de xaneiro de 2024.

Etiquetas: 

Resolución de adxudicación de mobilidades de persoal. Proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242

Publícase a resolución de adxudicación de mobilidades de persoal convocadas pola Resolución do 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242 e persoal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con responsabilidade na xestión das ensinanzas de Formación P

Listaxe provisional de centros seleccionados no programa Aulas de emprendemento na FP

Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados para participar no programa Aulas de emprendemento 2024 convocada pola Resolución do 14 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

O prazo para presentar reclamacións, emendar erros ou completar documentación estará aberto do 6 ao 15 de marzo, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2024 estadías formativas en empresas ou organismos equiparados destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Que son?

Convocatoria do programa Eduemprende Lanzadeiras Lugo 2023- 2024

Publicada a Resolución do 1 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca o programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2023/2024.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de abril de 2024.

Etiquetas: 

Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e medio. 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461

Publícase a Resolución do 29 de febreiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461.

Distribuir contido