Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2023

Publicada a Orde do 9 de novembro de 2023 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2023, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED523A).

Este concurso comprende dúas modalidades:

Etiquetas: 

O CIFP Someso e CIFP Politécnico de Santiago únense á Rede Estatal de Excelencia de FP

O CIFP Someso da Coruña e CIFP Politécnico de Santiago de Compostela únense á Rede Estatal de Excelencia de Formación Profesional.

Estes centros ocupan 2 das 17 prazas dispoñibles na proposta de resolución do Ministerio de Educación y Formación Profesional, onde se valorou a súa capacidade para ser referentes nos ámbitos da innovación e investigación así como do emprendemento activo no ámbito local e autonómico

Etiquetas: 

Resolución provisional de proxectos de formación para profesorado de FP e ensinanzas de réxime especial 23/24

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 14 de setembro do 2023 da Dirección Xeral de Formación profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024 en centros públicos dependentes da Consellería de Culturas Educacións Formación profesional e Universidades.

Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para persoal de FP. Proxecto KA121-VET-000064242

Publícase a Resolución de 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o persoal de ciclos formativos de grao medio e grao básico de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242

Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de FP. Proxecto KA121-VET-000064242

Publícase a Resolución de 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao medio e grao básico de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242

Convocatoria do programa InnovaTech FP 2023/24

Publícase a Resolución do 9 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa InnovaTech FP e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes será do 10 ao 22 de novembro, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Proposta de adxudicación por centro educativo do Programa Retorna Talento FP 2023/24 (modalidade B)

Publicada a proposta de adxudicación de persoas solicitantes por centro educativo do Programa Retorna Talento FP 2023/24 correspondentes á modalidade B do programa.

Etiquetas: 

Resolución da Dirección Xeral de FP pola que se aproba a selección de proxectos de mobilidades de FP Dual

Xúntase a resolución do 2 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se aproba e publica a relación definitiva de proxectos correspondentes ao programa de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024.

Etiquetas: 

Adxudicación de axudas do Programa Retorna Talento FP 2023/24 (Modalidade A)

Publicada a adxudicación de axudas do Programa Retorna Talento FP 2023/24 correspondentes á modalidade A do programa.

Etiquetas: 

III Encontro Galego de Ciberseguridade 2023

Os vindeiros días 2 e 3 de novembro terá lugar o III Encontro galego sobre Ciberseguridade no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, no que profesorado dos cursos de especialización en Ciberseguridade dos centros CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Rodolfo Ucha e IES San Clemente impartirá os seguintes obradoiros técnicos:

Distribuir contido