Probas de acceso a ciclos de grao superior. Exames e respostas da convocatoria 2017

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2017 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes, datas e material. Convocatoria ordinaria 2017

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da convocatoria ordinaria 2017 de probas de carnés e habilitacións profesionais, así como as datas de celebración das probas e o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba.

Concurso Eduemprende Idea 2017

Publicada a Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades:

Etiquetas: 

Selección de estadías formativas 2017. Resolución definitiva

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2017 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 29 de marzo de 2017, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 28 de decembro de 2016 (DOG do 12 de xaneiro de 2017) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2017

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do día 18 ao 21 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Etiquetas: 

Selección de estadías formativas 2017. Resolución provisional

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2017 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.

Xornada "Encontros encírculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro"

O venres 24 de marzo celebrarase a xornada "Encontros encírculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro", na que se desenvolverán distintas actividades co obxectivo de poñer en común propostas para conseguir que o sistema formativo e o modelo produtivo camiñen da man cara o futuro.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao superior. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2017

Publicadas instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2017.

Etiquetas: 
Distribuir contido