Carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2012

Publicada a Orde do 15 de decembro de 2011 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012.
  
- Ver a Orde do 15 decembro de 2011

TVG. Convocatoria de probas para un contrato en prácticas

Convocatoria de probas para un contrato en prácticas na categoría laboral técnico electrónico en Televisión de Galicia S. A.

Requisitos:
Posuír Ciclo Superior de Instalacións electrotécnicas, Ciclo Superior de Desenvolvemento de productos electrónicos, Ciclo Medio de Equipos electrónicos de consumo, Ciclo Superior de Sistemas de regulación e control automáticos ou Ciclo Superior de Sistemas de telecomunicación e informáticos ou equivalentes.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2012

Orde do 29 de decembro de 2011 pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.

Carta Erasmus 2012

A axencia executiva de educación, audiovisual e cultura da comisión europea rematou o proceso de selección e concesión de cartas erasmus “the Erasmus University Charter Selection 2012” (decision(2011) 1305868).

Os centros educativos da nosa comunidade aos que se lle concedeu a carta erasmus nesta convocatoria, son os seguintes:

Etiquetas: 

Convocatoria do proxecto RetoAlcoa

A Fundación Alcoa e a Fundación Junior Achievement España no seu labor formativa e social no ámbito do emprendemento, pon en marcha, por décimo ano consecutivo, o programa RetoAlcoa; un  programa de emprendemento para mozos e mozas que ten como obxectivo mellorar as capacidades e as habilidades empresariais e emprendedoras do alumnado, aprendéndolles a dirixir unha empresa.

Etiquetas: 

Actividade de formación para o profesorado. Simuladores empresariais na aula.

Dentro do plan de formación permanente do profesorado o día 10 de novembro de 2011 tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago a única sesión presencial -4 horas- da actividade Simuladores empresariais na aula, dirixida a Profesores de ensino secundario das especialidades de Economía, Formación e orientación laboral, Organización e xestión comercial, Administración de empresas, Xeografía e historia e a Profesores técnicos de formación profesional das especialidades de Procesos comerciais e de Procesos de xestión administrativa.

Material necesario para a realización das probas para a obtención de carnés profesionais

 Para a realización da probas as persoas candidatas deberán ir provistas do documento oficial que acredite a súa identidade, bolígrafo negro ou azul e calculadora non programable. Para a segunda parte da proba poderán usar o correspondente regulamento técnico.

1ª competición de eficiencia enerxética na FP

Schneider Electric  e a Dirección General de la Formación Profesional presentan a 1ª Competición de Eficiencia Enerxética na Formación Profesional.
Data límite de inscrición finalizou o 23 de novembro de 2011.

- Cartel da competición

Etiquetas: 

Acto de entrega dos premios FP Idea 2011

O día 7 de novembro de 2011 tivo lugar o acto de entrega de premios FP Idea no CIFP Politécnico de Santiago (Rúa Rosalia de Castro Nº 133 de Santiago de Compostela)

Programa do acto de entrega de premios

Relación de premiados

Etiquetas: 
Multimedia: 

Xornadas de Bioconstrución Someso 2011

O CIFP Someso da Coruña organizou as Xornadas de Bioconstrución Someso 2011, os días 10, 11 e 12 de novembro de 2011 en colaboración co CFR da Coruña.

- Información das Xornadas de Bioconstrución Someso 2011

 

Etiquetas: 
Distribuir contido