A FP galega vén de amosar de novo a súa excelencia a nivel internacional, desta vez nas olimpíadas europeas de Formación Profesional ‘EuroSkills2016’ celebradas en Gotemburgo (Suecia), nas que Gabriel Vilar, alumno do CIFP Compostela, acadou a medalla de bronce na competición de Servizos de Restaurante e Bar. Cómpre salientar que neste certame só se acadaron dous premios para España, o do alumno galego e o de outros dous estudantes, nese caso na categoría de Mecatrónica.