Acreditación de competencias para profesionais da CRTVG

Convocatoria específica do proceso de acreditación de competencias para determinados colectivos de profesionais da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Proxectos de formación para o profesorado de FP. 2016-2017

Publicada a convocatoria de proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional en centros públicos para o curso 2016-2017.

Convócanse 75 proxectos de formación do profesorado de formación profe­sional, nos centros educativos de niveis non universitarios que impartan estas ensinanzas.

Convocatoria de EDUEMPRENDE - Actúa 2016/2017

Esta actuación se enmarca no Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia Eduemprende, no eixe estratéxico 1 “Sensibilización e motivación” que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer no seu contorno actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Etiquetas: 

TVG. Convocatoria de probas para un contrato en prácticas

Convocatoria do proceso de selección para un contrato en prácticas na categoría laboral Técnico electrónico en Televisión de Galicia, S.A.

Inscripción:

Os/as aspirantes deberán enviar ao enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un curriculum vitae indicando que é para esta proba.

Etiquetas: 

Convocatoria do Programa Lanzadeiras Lugo

O programa Lanzadeiras Lugo desenvólvese dentro do plan Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa dos niveis non universitarios da cultura emprendedora. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Etiquetas: 
Tema: 

Convocatoria do Programa Lanzadeiras Coruña

O programa Lanzadeiras Coruña desenvólvese dentro do plan Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa dos niveis non universitarios da cultura emprendedora. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Etiquetas: 
Tema: 

Listaxe de persoas con praza adxudicada de FP dual. Período extraordinario outubro 2016

Publicada a listaxe de persoas con praza adxudicada na convocatoria extraordinaria de outubro 2016 para proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos en centros educativos.

Etiquetas: 

Habilitacións profesionais e carnés profesionais. Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria 2016

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria extraordinaria 2016 de habilitacións profesionais e carnés profesionais.

Máis información

Listaxe definitiva de solicitudes de FP dual. Período extraordinario outubro 2016.

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes da convocatoria extraordinaria de outubro 2016 para proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos en centros educativos.

Os módulos sinalados cun asterisco (*) na listaxe corresponden con módulos xa superados ou validados do ciclo solicitado.

Etiquetas: 

Convocatoria Programa Atrévete 2016-2017

Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociacións empresariais en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.

Etiquetas: 
Tema: 
Distribuir contido