Convocatoria de estadías prácticas formativas en empresas

A Asociación Erasmus Compostela convoca 20 estadías prácticas formativas en empresas, de 4 meses de duración, en Reino Unido, Italia e  Portugal para mozos e mozas de menos de 30 anos.

Este programa ten como obxectivo que se reforce a empregabilidade e as competencias profesionais, ao mesmo tempo que adquiren competencias en idiomas extranxeiros.

A idade mínima dos/as participantes é de 18 anos e o prazo de solicitudes remata o 13 de xullo de 2016 as 14:00 horas.

Cualificacións definitivas de carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria ordinaria 2016

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións da convocatoria ordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Formación Profesional Dual. Listaxe definitiva de solicitudes. Curso 2016-2017

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión aos proxecto experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 6 de xuño de 2016 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades

Etiquetas: 

Proxectos de formación. Resolución de avaliación

Publicada a Resolución de avaliación da Comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes a FP dual

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 6 de xuño de 2016, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 17 o 28 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

Etiquetas: 
Tema: 

Formación Profesional Dual. Listaxe provisional de solicitudes. Curso 2016-2017

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión aos proxecto experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 6 de xuño de 2016 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades

Etiquetas: 

Orde de admisión a ciclos formativos

Publicada a Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.

Etiquetas: 

Calendario de admisión a ciclos formativos en centros docentes sostidos con fondos públicos

Publicado o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Etiquetas: 

Oferta de formación profesional polo réxime ordinario e de persoas adultas en centros públicos para o curso 2016/2017

Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/2017.

Etiquetas: 
Distribuir contido