Proxectos de formación. Resolución de avaliación

Publicada a Resolución de avaliación da Comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes a FP dual

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 6 de xuño de 2016, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 17 o 28 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

Etiquetas: 
Tema: 

Formación Profesional Dual. Listaxe provisional de solicitudes. Curso 2016-2017

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión aos proxecto experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 6 de xuño de 2016 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades

Etiquetas: 

Orde de admisión a ciclos formativos

Publicada a Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.

Etiquetas: 

Calendario de admisión a ciclos formativos en centros docentes sostidos con fondos públicos

Publicado o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Etiquetas: 

Oferta de formación profesional polo réxime ordinario e de persoas adultas en centros públicos para o curso 2016/2017

Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/2017.

Etiquetas: 

Listaxe definita de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

A partir do día 27 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera centro público con oferta de formación profesional.

Etiquetas: 

TVG. Convocatoria de proba para un contrato en prácticas

Convocatoria de probas para un contrato en prácticas na categoría laboral Promotor en Corporación Radio e Televisión de Galicía, S.A.

Inscrición:

Etiquetas: 

Peche da segunda edición do proxecto ‘Lugo Emprende’

Alumnas e alumnos de 6ª de primaria e de todos os cursos de ESO, Bacharelato e FP da provincia de Lugo participaron nas actividades desenvolvidas dentro da segunda edición do proxecto ‘Lugo Emprende’, posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co patrocinio da Fundación Alcoa e coa colaboración de El Progreso. A finalidade desta iniciativa foi a de estimular o espírito emprendedor entre os estudantes, así como a de favorecer a responsabilidade e autonomía persoal dos máis novos.

Etiquetas: 
Tema: 
Distribuir contido