www.edu.xunta.es
VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL EDUCATIVO
Información dos ciclos formativos da formación profesional    

A Nova FP

O proceso de adaptación e cambio como consecuencia da implantación dunha nova lei educativa, (LOE, Lei 2/2006) conleva, entre outras cousas, modificacións nos currículos dos títulos de Formación Profesional.

Entre as modificacións inclúese a creación de novos títulos asociados a catro novas familias profesionais:
- Enerxía e agua
- Industrias extractivas
- Seguridade e medio ambiente
- Artes e artesanías

Actualizanse, as denominacións dos títulos actuais e os seis currículos de acordo coa nova lexislación.

No curso académico 2008-2009 implántaronse seis novos títulos:
- Técnico en emerxencias sanitarias
- Técnico en panadaría, repostaría e confeitaría
- Técnico en mecanizado
- Técnico en cociña e gastronomía
- Técnico superior en educación infantil
- Técnico superior en laboratorio de análise e de control de calidade

No curso académico 2009-2010 implántase os seguintes novos títulos:
- Técnico en instalacións eléctricas e automáticas
- Técnico en soldadura e caldeiraría
- Técnico en servizos de restauración
- Técnico en aceites de oliva e viños
- Técnico en sistemas microinformáticos e redes
- Técnico en farmacia e parafarmacia
- Técnico en confección e moda
- Técnico en carrozaría
- Técnico superior en eficiencia enerxética e enerxía solar térmica
- Técnico superior en construcións metálicas
- Técnico superior en programación da produción en fabricación mecánica
- Técnico superior en xestión de aloxamentos turísticos
- Técnico superior en vitivinicultura
- Técnico superior en desenvolvemento de proxectos de instalación térmicas e de fluídos
- Técnico superior mantemento de instalacións térmicas e de fluídos
- Técnico superior en química industrial
- Técnico superior en audioloxía protésica
- Técnico superior en patronaxe e moda
- Técnico superior en automoción


Vantaxes da Nova FP
- Maior especialización e polivalencia laboral pois os ciclos formativos se amplían a 2000 horas.
- Equiparación da titulación a nivel europeo.
- Obtención do certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico.
- Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de formación profesional de grao superior.
- Validación dos estudos de formación profesional de grao superior por créditos universitarios; segundo o casos validaranse de 60 a 120 ECTS (Sistema europeo de transferencia de créditos)


Folletos informativos (18/02/2009)
Nos seguintes enlaces proporcionanse información resumida da Formación Profesional:
    - Que é a Formación Profesional
    - A nova FP
    - Como acceder á nova FP
    - Inserción laboral
    - Formación en Europa
    - Premios extraordinarios de FP
    - Acceso á Universidade