Vínculo entre os ciclos formativos de grao superior e as modalidades de bacharelato LOE
A Lei Orgánica de Educación (LOE, Lei 2/2006) trae consigo a modificación na estrutura dos currículos dos ciclos formativos de grao superior e na oferta das modalidades de bacharelato. Este apartado recolle a vinculación entre ambas ensinanzas a raíz dos cambios comentados. - Máis información
Guía do estudante 2008. Ensino superior en Galicia
Convocatoria de prazas nos centros residenciais docentes (CREDOS)
Orde do 28 de abril de 2008 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinazas postobrigatorias non universitarias e de réxime especial, no próximo ano académico 2008- 2009. - Texto da orde - Solicitude
Forum orienta 08 Promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior en Galicia. Celebrouse do 8 ao 13 de abril do 2008 no IFEVI de Vigo.
Php Webquest
O seguinte enlace está deseñado para que o alumnado de 4º da ESO traballe no coñecemento das aptitudes e dos intereses que poden ter de cara a unha determinada familia profesional.
Programa Academia 2007-2008 Academia é un proxecto europeo anual de mobilidade, dirixido aos profesionais da Orientación Profesional, principalmente orientadores e profesorado de FOL. Na presente edición a Comunidade Autónoma de Galicia ten asignadas 4 prazas para coñecer os sistemas de orientación profesional de Bélxica, Chequia, Finlandia e Italia.
Aproveitamos para animaros a todos os profesionais deste ámbito a participar nesta actividade.
No seguintes enlaces pódese consultar as bases da convocatoria, o baremo así como os participantes seleccionados para o curso 2007-2008: - Bases da convocatoria
- Aclaración das bases da convocatoria
- Baremo
- Solicitude - Participantes seleccionados na convocatoria
Folletos informativos: centros onde se imparte a formación profesional inicial no curso 2007-2008, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos) e información dos centros educativos. (3-07-2007) - Máis información
Validacións e equivalencias doutros estudos cos ciclos formativos - Máis información
Estudo de inserción laboral das persoas tituladas de formación profesional que remataron estudos no curso 2003-2004. O último estudo de inserción laboral promovido pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais realizouse no ano 2006 e correspóndese co alumnado que finalizou ensinanzas de formación profesional no curso 2003-2004.
- Máis información