www.edu.xunta.es
VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL EDUCATIVO
Información e orientación profesional    
 

Plan de Orientación Profesional

       

A información e a orientación profesional están a cobrar unha importancia crecente na sociedade actual debido ós profundos e constantes cambios producidos no ámbito social, laboral e tecnolóxico, que fan necesario que as persoas conten con información e asesoramento profesional ao longo da súa vida.

Para posibilitar este obxectivo precísase un traballo colaborativo entre os profesionais da orientación dos distintos subsistemas, así como o establecemento dunha rede integrada dos servizos de información e orientación, coa finalidade de que os usuarios dispoñan de información e asesoramento unificado, global e accesible en materia de formación, información e cualificación profesional, tal como contempla o Plan Galego de Formación Profesional.

O Plan de Orientación Profesional establece as liñas básicas de actuación que han servir de referente para o desenvolvemento das accións dos equipos de orientación específicos e dos departamentos de orientación dos centros docentes.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria considera que o Plan de Orientación Profesional e o material que se inclúe nesta publicación constitúen unha ferramenta de traballo imprescindible para o adecuado desenvolvemento e potenciación das accións de orientación profesional en Galicia, favorecendo e apoiando o labor dos nosos profesionais da orientación.

Plan de orientación profesional

Ademais os seguintes materiais deben servir para potenciar as accións de información e orientación profesional nos centros educativos e asesorar ao alumnado na toma de decisións.
ORIPRO. Programa informático de orientación profesional
    Windows XP e 2000    Windows 98     Windows 95    Windows NT   
Manual de  instrucións do ORIPRO para a súa utilización baixo a responsabilidade da xefatura do departamento de orientación.
Proposta de actividades que permitirán o aproveitamento dos materiais.
Folleto informativo onde se describen as claves para realizar con éxito a transición da escola o mundo laboral.
Vídeo didáctico no que se inclúen consellos prácticos para realizar satisfactoriamente unha entrevista profesional.
 - Ver on-line


- Descarga do vídeo.
Se prefire pode descargar o seu ordenador o vídeo da entrevista profesional conseguindo unha maior calidade na imaxe e no son. Para facer a descarga prema co botón dereito do rato no enlace e elixa "Gardar destino como..."
Presentación (20,7 MB)
Recomendacións (22,8 MB)
Linguaxe corporal (25,2 MB)
Últimas recomendacións (32,9 MB)
Entrevista 1 (37,5 MB)
Análise da entrevista 1 (50,9 MB)
Entrevista 2 (55,2 MB)
Análise da entrevista 2 (17,7 MB)
Conclusións (32,1 MB)

Vídeo enteiro (241 MB)