Pagamento de taxas

Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata que saia admitida nas listaxes definitivas de admitidos e excluídos terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases.

A non presentación dos xustificantes de taxas en tempo e forma procedentes supoñerá a exclusión do aspirante.

 

Pagamento das taxas


 
  • Taxa da fase de asesoramento
    O candidato admitido para a realización da fase de asesoramento deberá aboar unha única taxa de 20,40 euros.
    O xustificante do pagamento deberáselle entregar ao asesor na primeira reunión de asesoramento que se realice.
  • Taxa da fase de avaliación
    A persoa candidata admitida para a realización da fase de avaliación deberá aboar unha taxa de 10,20 euros por cada unha das unidades de competencia nas que solicite a súa avaliación.
    O xustificante do pagamento da taxa da fase de avaliación entregaráselle á comisión de avaliación cando o candidato sexa citado para realizar esta fase.

 

Forma de pagamento


 
O pagamento da taxa poderase efectuar de dous xeitos diferentes:

  • a través do impreso de autoliquidación —A ou AI—, en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • de forma telemática, podendo optar por:

    • un pagamento telemático que xeraría un modelo 730,
    • ou presencial que xeraría un modelo 731, a ingresar na entidade bancaria.

Os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante de pago de taxas nas fases correpondentes son os modelos A, AI, 731 e 730.

 

Procemento para aboar as taxas


 
Nas entidades bancarias

  • Retire o impreso de Autoliquidación de taxas A na secretaría ou conserxería da sede e cúbrao consignando os seus datos persoais, os códigos de tramitación que aparecen no epígrafe seguinte e o importe da taxa que ten que pagar. Tamén pode xerar o impreso Modelo AI Autoliquidación de Taxas dende a Axencia Tributaria de Galicia.

Por Internet

  • Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Axencia tributaria de Galicia e siga a ruta Cidadáns > Pago telemático de taxas e prezos > Iniciar taxa.

Dende aquí optará por realizar o pago telemático xerando o modelo 730 ou presencial no que xeraría un modelo 731.

 

Códigos para cubrir o impreso


 
  • Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Código 07

  • Delegación de Servizos Centrais: Código 13.

  • Servizo de Secretaría Xeral: Código 01.

  • Para a fase de asesoramento: Taxa denominación: Asesoramento do/a candidato/a para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: Código 304201.

  • Para a fase de avaliación: Taxa denominación: Avaliación do/a candidato/a para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: Código 304202.

 

Exencións do pagamento


 
Estarán exentas do pagamento de taxas as persoas que no momento de iniciarse as sesións de asesoramento e avaliación, figuren como desempregados, así como aquelas persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.

 

Documentación acreditativa a exención do pagamento


 
As persoas exentas do pagamento das taxas deberán presentar no momento do asesoramento e/ou da avaliación a documentación que acredite este dereito:

  • No caso do/a traballador/a desempregado/a, esta situación acreditarase cunha certificación da situación laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social

  • No caso de discapacidade, acreditarase co certificado ou resolución do órgano competente que acredite a devandita discapacidade