www.edu.xunta.es
VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL EDUCATIVO
Información dos ciclos formativos de formación profesional    

Oferta formativa dos PCPI

Os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) terán como finalidade favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos.

Dirixiranse ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivese o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e, excepcionalmente ao alumnado maior de quince anos.

Terán tres tipos de módulos:
- Específicos, que desenvolverán as competencias do perfil profesional.
- Formativos de carácter xeral, que posibilitarán o desenvolvemento das competencias básicas e favorecerán a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral.
- Voluntarios, que conducirán á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un certificado de profesionalidade de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O que supere, ademais, os módulos voluntarios obterá tamén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Os programas de cualificación profesional inicial comezarán a impartirse no curso 2008-2009, na actualidade están vixentes os programas de garantía social (PGS).

     - Oferta PGS