Os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) teñen como finalidade favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos.
Diríxense ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivese o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e, excepcionalmente ao alumnado maior de quince anos.
Teñen tres tipos de módulos:
- Específicos, que desenvolven as competencias do perfil profesional.
- Formativos de carácter xeral, que posibiliten o desenvolvemento das competencias básicas e favorezan a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral.
- Voluntarios, que conducen á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un certificado de profesionalidade de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O que supere, ademais, os módulos voluntarios obterá tamén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
Perfís PCPI publicados
Desde esta páxina poden descargarse os ficheiros que conteñen os perfís do programas de cualificación profesional inicial publicados no Diario Oficial de Galicia. Os perfís aparecen ordeados pola familia profesional.