Oferta formativa dos programas de garantía social en centros públicos 2007-2008 (actualización 25-06-2007)
- Oferta clasificada por familia formativa e ciclo
- Oferta clasificada por provincia e concello
Modificación da oferta dos programas de garantía social para o curso 2007-2008
Resolución do 27 de novembro de 2007, pola que se modifica a autorización dos programas de garantía social en centros públicos para o curso académico 2007-2008.
- Texto da resolución
Os programas de garantía social (PGS) son programas de carácter non regrado que teñen como finalidade esencial a recuperación
do alumnado que non logrou os obxectivos do ensino obrigatorio, ao que se lle proporciona unha formación básica
e profesional que permita a súa incorporación á vida activa ou continuación de estudos na FP específica de grao medio,
neste caso mediante a proba de acceso.
Teñen un enfoque metodolóxico que fai posible que o alumnado sexa capaz de percibir a súa formación como unha nova
oportunidade. Teñen un alto grao de flexibilidade interna, que permite modalidades distintas adaptadas ás diferentes
características e expectativas do alumnado.
Os PGS teñen un forte compoñente profesionalizador,o que permite que o alumnado poida elixir,en funcións das súas aptitudes
e dos seus intereses, entre aproximadamente 60 perfís profesionais distintos nos que iniciarse profesionalmente.
Están abertos á participación doutras administracións e institucións públicas e privadas e poden cursarse en centros públicos,
concertados e privados, e en asociacións sen ánimo de lucro.
Obxectivos
• Desenvolver e afianzar a madurez persoal mediante a adquisición de hábitos e capacidades que permitan a participación
como persoas responsables nun traballo e na actividade social e cultural.
• Desenvolver as actitudes e dotar dos recursos e da orientación necesarios para a procura dun posto de traballo e
para o autoemprego.
• Ampliar a formación co obxecto de adquirir coñecementos e capacidades propios do ensino básico.
Desenvolvementos curriculares
Presentanse algúns desenvolvementos curriculares que pretenden ser un instrumento de referencia nas programacións didácticas e proxectos de centro, un referente para os servizos de inspección educativa e de orientación, para o alumnado e as familias, así como para as empresas e outros colectivos interesados nos diferentes perfís que conforman a ofertan destes programas.