Actividades de formación

Curso 2020-2021

Publicada a relación de actividades de formación para o profesorado de formación profesional para os meses de xuño e xullo de 2020.

A planificación destas actividades ven condicionada pola situación creada pola pandemia do COVID-19. A diferenza de cursos anteriores, nos que nestas datas, se facían públicas as actividades de formación para xullo, setembro, e o primeiro trimestre do curso seguinte, nesta ocasión soamente se publican as actividades do mes de xullo, todas elas adaptadas ás novas circunstancias. Proximamente, iranse publicando novas actividades para os seguintes meses.

A maioría das actividades realizaranse utilizando ferramentas de comunicación telemáticas, videoconferencia, aulas virtuais, foros, etc. Outras combinarán estes sistemas de comunicación, con sesións presenciais, que se adaptarán ás medidas sanitarias actuais: número persoas acorde ás dimensións dos locais, varias quendas, uso de máscaras, limpeza de equipamentos e locais, etc.

Algunhas das actividades teñen a finalidade de avanzar na formación do profesorado en ferramentas didácticas adaptadas á nova realidade da docencia non presencial. Neste sentido ofértanse: Moodle avanzado, Creación de contidos dixitais en Chamilo LMS, Elaboración de material didáctico mediante infografías, Aplicacións Web 2.0 na aula, Aplicación da metodoloxía Flipped Learning, e Xestión de proxectos con ferramentas Trello e Slack . A relación de actividades é a seguinte:

Actividade Datas
A dixitalización do laboratorio de próteses dentais. Deseño con Exocad e Impresión 3D 1ª quincena de xullo
Aplicación da metodoloxía Flipped Learning 1ª quincena de xullo
Aplicacións Web 2.0 na aula 1ª quincena de xullo
Axustes do sistema ADAS e desconexión selectiva de cilindros Xuño
Cad con SolidWorks. Nivel I 1ª quincena de xullo
Circuítos básicos en hidráulica e pneumática 1ª quincena de xullo
Creación de contidos dixitais en Chamilo LMS 1ª quincena de xullo
Creación dun blogue como espazo de reflexión e posta en valor 1ª quincena de xullo
Curso práctico de fibra óptica 1ª quincena de xullo
Elaboración de material didáctico mediante infografías 1ª quincena de xullo
Envasado e conservación de alimentos de IV e V gama Xullo
Estratexias de resolución de conflitos e motivación ao logro 1ª quincena de xullo
Estratexias de resolución de conflitos e motivación ao logro 2ª quincena de xullo
Iniciación ao mecanizado en fresadora universal 2ª quincena de xullo
Iniciación ao mecanizado en torno paralelo 1ª quincena de xullo
Manipulación de novos refrixerantes en instalacións frigoríficas e de climatización 1ª quincena de xullo
Moodle avanzado 1ª quincena de xullo
Obtención de moldes e pezas con materiais compostos 1ª quincena de xullo
Operacións básicas de mantemento eléctrico 1ª quincena de xullo
Sistema antipolución diesel Nox Ad Blue 1ª quincena de xullo
Técnicas de venda. Fixación do prezo e deseño da promoción 1ª quincena de xullo
Vehículo eléctrico Xuño
Vehículo híbrido 1ª quincena de xullo
Xestión de proxectos con ferramentas Trello e Slack 2ª quincena de xullo
Xestión de reunións e presentacións mediante ferramentas de videoconferencia 2ª quincena de xullo

Para máis información ou realizar a inscrición nestas actividades: www.edu.xunta.es/fprofe.

Nota: Aínda que na aplicación fprofe a actividade estea clasificada como presencial, realizarase utilizando ferramentas de comunicación telemáticas, e nalgún caso, con algunha sesión presencial. Nestas sesións presenciais, adoptaranse as medidas sanitarias que require a situación actual derivada da pandemia do COVID-19.