PraxEuropa 2019- 2021

O programa Erasmus+ 2014 - 2020 comprende os proxectos de mobilidade KA103 para o alumnado e o profesorado de ciclos formativos de grao superior. A Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa presentou o proxecto PraxEuropa 2019-1-ES01-KA103-062725, que foi aprobado polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) na convocatoria de 2019.

Este proxecto permitirá ao alumnado realizar prácticas en empresas e ao profesorado realizar un job shadowing en empresas ou institucións educativas, de diferentes países da Unión Europea desde marzo de 2020 ata maio de 2021 e supón unha continuidade desde a convocatoria de 2013 na participación da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa nos proxectos de mobilidade para o alumnado de ciclos de formación profesional de grao superior.

Na xestión do proxecto participan os coordinadores de programas internacionais destes centros.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades dos estudantes de ciclos formativos de grao superior nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea.

  • Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado e profesorado de ciclos formativos de grao superior de centros docentes públicos que imparten formación profesional e que forman parte do consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA103 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+. Convenio 2019-1-ES01-KA103-062725. Acceda á Resolución

Información e contacto:

Asesoría de Programas Europeos FP
Correo eléctrónico: programas.europeosfp@edu.xunta.es
Teléfono: 981 54 65 64

Máis información

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente

Etiquetas: