www.edu.xunta.es
VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL EDUCATIVO
Información dos ciclos formativos de formación profesional    
 

¿Que saídas profesionais ofrece?

A superación dun ciclo formativo de grao medio e a obtención do correspondente título de técnico no ámbito profesional correspondente ós campos de actividade productiva relacionados coa familia que se elixiu, debe permitir adquiri-los coñecementos e as capacidades propias dun traballador cualificado nunha determinada profesión, con gran formación de base, capacidade de comunicación e aptitude para o intercambio de fluxos de información e para o traballo en equipo. O exercicio da profesión comporta un traballo de execución, que pode ser autónomo, no límite das técnicas que lle son propias, e adoita incorpora-lo recurso a procedementos establecidos en manuais de información técnica de proceso.

Os ciclos formativos de grao medio serven de ponte entre a Educación Secundaria Obrigatoria e o mundo laboral, e teñen basicamente un carácter finalista, ó persegui-la inserción no mundo do traballo. Ó mesmo tempo, posibilitan a reinserción educativa desde o mundo do traballo.

Desde un punto de vista académico, a superación dun ciclo de grao medio só faculta para o acceso mediante proba ós ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional á que pertence o título acadado polo aspirante, sempre que se teñan 18 anos cumpridos, ou se cumpran no mesmo ano natural de realización da proba.

Actualmente non se permite o acceso directo ós ciclos de grao superior,se ben está prevista a implantación de cursos de paso cara ós ciclos superiores.

Doutra banda, ó remate dun ciclo medio o alumnado poderá acceder ás distintas modalidades de Bacharelato.