A superación dun ciclo formativo de grao superior de Formación Profesional específica permite acceder ó mundo do traballo ou a continuación de estudios.
Mundo laboral. A superación dun ciclo formativo de grao superior e a consecuente obtención do correspondente título de técnico superior no ámbito profesional correspondente ós campos de actividade productiva relacionados coa familia que se elixiu, debe permiti-la adquisición dos coñecementos e as capacidades propias dun traballador cualificado nunha determinada profesión con gran formación de base, capacidade de comunicación e aptitude para o intercambio de fluxos de información e para o traballo en equipo. O exercicio da profesión comporta un traballo técnico que pode ser executado de xeito autónomo e pode levar consigo a asunción de responsabilidades de encadramento e de coordinación como mando intermedio nunha organización productiva. No apartado dedicado á análise das familias profesionais repásase o contorno funcional e as principais ocupacións para cada unha delas.
Os ciclos formativos de grao superior teñen carácter finalista, xa que perseguen a inserción no mundo do traballo. Ó mesmo tempo, posibilitana reinserción educativa desde o mundo do traballo.
Acceso a estudios universitarios vinculados ós ciclos formativosde grao superior de réxime xeral. A titulación de técnico superior permite acceder directamente a estudios universitarios relacionados coa profesión estudiada.
Acceso a estudios universitarios vinculados ós ciclos formativosde grao superior de artes plásticas e deseño. A titulación de técnicosuperior en artes plásticas e deseño permite acceder directamente a estudios universitarios relacionados coa profesión estudiada, segundo o disposto no Real decreto 1033/1999, do 18 de xuño, polo que se determinan os accesos a outras ensinanzas superiores das persoas que dispoñan do título de técnico superior en artes plásticas e deseño, publicado no BOE do 29 de xuño.
Acceso a estudios superiores de artes plásticas e deseño. A titulación de técnico superior en artes plásticas e deseño permite o acceso directo a outros estudios superiores de artes plásticas e deseño. Os centros que imparten estes estudios reservarán unha cota do 25% das prazas dispoñibles para os técnicos superiores en artes plástica se deseño, segundo o regulado no Real decreto 1033/1999, do 18 dexuño (BOE do 29 de xuño), polo que se determinan os accesos a outras ensinanzas superiores das persoas que dispoñan do título de técnico superior en artes plásticas e deseño.