www.edu.xunta.es
VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL EDUCATIVO
Información dos ciclos formativos de formación profesional    
 

 ¿Como se accede a un ciclo de grao medio do réxime especial de artes plásticas e deseño?

 

Condicións de acceso. Para inicia-los ciclos formativos de grao medio cumprirá dispor do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ou equivalente) e superar unha proba específica de acceso. Poderá accederse tamén sen dispor do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, sempre que ademais da proba específica o aspirante supere unha proba de madureza. Para poder concorrer a ela cómpre, no caso dos ciclos de grao medio, ter 18 anos cumpridos ou cumprilos no mesmo ano natural en que se celebre a proba.

Distribución das prazas. Os centros reservarán, para o acceso directo sen necesidade de supera-la proba específica, un 10% das prazas dispoñibles para quen estivera en posesión do título de técnico ou técnico superior correspondente a outro ciclo da mesma familia profesional. Outro 10% reservarase para aspirantes que cursaran con aproveitamentoos tres cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de 1963, ou os que superasen os dous comúns do plan experimental de ensinanzas artísticas da Comunidade Galega. As restantes prazas constitúen a oferta xeral.

Proba de acceso (madureza). Aqueles aspirantes que non reúnan os requisitos académicos deben acredita-la súa madureza para cursa-las ensinanzas, mediante unha proba que se define de seguido.

Características da proba de acceso. A proba de acceso tomará como referencia os vixentes currículos oficiais da Educación Secundaria Obrigatoria e valorará os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento os estudios artísticos. Consta de dúas partes: a sociocultural e a de educación plástica evisual. A valoración de cada unha destas partes expresarase mediantea cualificación de "apto" ou "non apto", e para a superación da proba será necesario obte-la cualificación de apto nas dúas partes que a compoñen.

Parte sociocultural. Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega e lingua castelá a partir dun texto escrito. Valorarase a madureza e o nivel de coñecementos referidos ás ciencias sociais, ciencias da natureza e tecnoloxía das correspondentes áreas do currículo da Educación Secundaria Obrigatoria.

Parte de educación plástica e visual. Realización, durante un tempo máximo de tres horas, dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto. Neste exercicio valorarase a sensibilidade artística e a creatividade do aspirante.

Exencións da proba de acceso. Poderán quedar total ou parcial menteexentas da proba de acceso ós ciclos de grao medio das ensinanzas de artes plásticas e deseño as persoas que acrediten ter superadas na súa totalidade as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos, en función do grao de afinidade entre a proba de acceso á universidade e o ciclo formativo ó que se queira acceder.

Certificacións. Ás persoas que superen as referidas probas de madureza, a secretaría do centro no que se realizou a proba expedirálle-la acreditación correspondente. A certificación que se obtén trala superación da devandita proba de acceso ó grao medio das ensinanzas de artes plásticas e deseño terá validez como requisito de acceso ós ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional. A certificación de superación da proba de madureza terá validez como requisito de acceso en todo o Estado, e manterá a súa vixencia sempre que non se modifiquen as ensinanzas.

Inscrición e celebración da proba de acceso a ciclos de grao medio. A inscrición para a proba de acceso ós ciclos formativos de grao medio farase na secretaría das escolas de artes

Proba específica. Os aspirantes a cursar un ciclo de grao medio de artes plásticas, tanto de acceso directo como acreditando a súa madureza mediante proba deben supera-la proba específica que se define de seguido.

Características da proba específica. A proba valora se os coñecemento se habilidades do aspirante son suficientes para cursar con aproveitamento as ensinanzas artísticas. Consta dos seguintes exercicios:

a) Primeiro. Desenvolvemento por escrito, no tempo máximo dunha hora, dun tema proposto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.
b) Segundo. Realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudios concretos das distintas familias profesionais.
c) Terceiro. Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, a partir dos bosquexos e debuxos realizados no exercicio segundo. Valorarase a capacidade artística e a creatividade dos aspirantes, o sentido do espacio, a composición e a predisposición para os estudios concretos das distintas familias profesionais.

A valoración de cada un dos exercicios expresarase mediante unha cualificación numérica, de 1 a 10. Para a superación da proba cumprirá acadar en cada un dos exercicios a cualificación mínima de 5. Apuntuación final será a media aritmética, con dous decimais, das cualificacións obtidas en cada exercicio.


Exencións da proba específica. Estará exento de realiza-la proba anterior:
a) Quen dispoña dun título de técnico ou técnico superior en ciclos formativos da mesma familia profesional á que pretende acceder.
b) Quen superase os tres cursos comúns correspondentes ó plan de estudios de 1963.
c) Quen superase os dous cursos comúns do plan experimental de ensinanzas artísticas establecidas para a Comunidade Autónoma de Galicia.

Certificacións. A superación da proba acreditarase mediante unha certificación expedida pola secretaría do centro onde se realizou.

Inscrición e celebración da proba específica. A inscrición para aproba específica deberana realizar tanto os aspirantes de acceso directo non exentos desta proba como os que acceden mediante proba de madurez.

Admisión nos ciclos de grao medio de artes plásticas e deseño

Trátase dun sistema des centralizado por provincias; non obstante,existe unha Comisión de Escolarización Autonómica que coordinará a admisión para tódolos centros do territorio galego.


Proceso de inscrición e matrícula. O alumnado que queira acceder ós ciclos formativos en centros sostidos con fondos públicos efectuará unha única solicitude de inscrición, na secretaría do centro que oferta as ensinanzas do ciclo formativo que desexa cursar e que foi elixido como primeira opción; na solicitude pódense consignar outros centros e outrosciclos.

Cando o número de solicitantes, mediante calquera vía de acceso, sexa maior có número de prazas dispoñibles, a selección dos aspirantes realizarase por aplicación dos criterios do baremo indicados na Orde do 24 de abril de 2000, que regula o acceso ós ciclos medios.

Os centros fan públicas as listaxes de persoas admitidas á correspondente proba específica antes do seu inicio, indicando as datas previstase o lugar de celebración.