www.edu.xunta.es
VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL EDUCATIVO
Información dos ciclos formativos de formación profesional    
 

¿Que titulación se obtén?

A formación proporcionada polas ensinanzas da ESO (formación xeral e Formación Profesional de base) acreditadas como requisito de acceso, seguida da Formación Profesional específica proporcionada polos ciclos de grao medio, permiten a obtención dun título profesional. A titulación que o alumno obtén trala superación de tódolos módulos que integran o ciclo formativo de grao medio é a de "técnico", expedida pola Administración educativa e con validez en todo o Estado, que acredita ó seu posuidor unha capacitación asociada a un determinado perfil profesional e unha cualificación de nivel 2 dentro da Unión Europea. Esta cualificación é completa para o exercicio dunha actividade determinada, coa capacidade de utiliza-los instrumentos e as técnicas que se relacionan con ela.