Convocados os premios extraordinarios de FP de GS correspondentes ao curso 2012/13

Convócanse, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2012/13 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2013.

  • Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2013 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia.

2. Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50. Esta obterase como media aritmética das cualificacións dos módulos que compoñen o ciclo formativo, non se computarán os que fosen cualificados cos termos de apto, validado ou exento. A nota media expresarase con dous decimais, redondeando á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

3. O solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A tramitación deberán presentarse preferiblemente por vía electronica segundo as instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es.

 

- Acceda a publicación, no DOG do 28 de febreiro de 2014, da ORDE do 18 de febreiro de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2012/13.

Etiquetas: