Presentación GaliciaSkills2016

O conselleiro de Cultura e Educación presentou a cuarta edición do campionato galego de Formación Profesional, GaliciaSkills2016, que se levará a cabo no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda) os próximos 30 de novembro e 1 e 2 de decembro.

Estes campionatos de Formación Profesional poñen en valor o traballo dos centros, do profesorado e do alumnado de FP, unha modalidade que aposta pola especialización, o emprendemento e a innovación para favorecer a inserción laboral da mocidade.

No GaliciaSkills2016 participarán, en 17 competicións, 100 alumnos de 40 centros de FP de Galicia e os gañadores de cada unha desas especialidades representarán a Galicia no torneo nacional.

- Acto de presentación

- Máis información GaliciaSkills2016

Etiquetas: