Convocatoria 2013

Introdución

Na Orde do 16 de marzo de 2011, da Consellería de Economía e Industria, establé­cese que a consellería competente regulará mediante orde o procedemento e a convo­catoria para a realización dos exames encamiñados á obtención tanto dos carnés como de calquera outra habilitación profesional necesaria no ámbito da seguridade industrial

O acordo de coordinación asinado o 9 de abril de 2010 entre a Consellería de Econo­mía e Industria e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, faculta a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para reali­zar as convocatorias anuais para a obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais polo procedemento de exame.

O Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, establece que a consellería con competencia en materia de educación será o órgano competente para convocar as probas teórico-prácticas necesarias para a obtención de determinadas certificacións.

Orde da convocatoria do 2013

ORDE do 26 de decembro de 2012 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013.
- Orde da convocatoria

 

Especialidades das convocatorias ordinaria e extraordinaria 2013

Carnés profesionais que se convocan:

- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado,categoría A.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado,categoría B

Habilitacións profesionais que se convocan:
- Operador/ora industrial de caldeiras.
- Instalador/ora de gas, categoría A.
- Instalador/ora de gas, categoría B.
- Instalador/ora de gas, categoría C.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
- Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
- Manipulador/ora en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados

 

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

  • Para a convocatoria ordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 25 de febreiro ao día 8 de marzo de 2013, ambos os dous incluídos.
  • Para a convocatoria extraordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2013, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse nos rexistros das Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na Oficina de Rexistro Único no complexo administrativo de San Caetano ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

- Descargar o modelo de solicitude de carnés e habilitacións profesionais
- Modelo de certificación das actividades desenvolvidas na empresa
- Modelo A de autoliquidación de taxas

 

Documentación para achegar xunto á solicitude 

  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte (no caso de non autorizar a consulta de datos de identidade telemática).
  • Xustificante de liquidación de taxas (38,37 €) modelo A (clave 32.07.01) especificando:
       Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (cod. 07).
       Delegación Servizos Centrais (cod. 13).
       Servizo de Xestión da Formación Profesional (cod. 03).
  • Fotocopia da titulación ou os estudos requiridos, de ser o caso.
       - Ensinanzas equivalentes co título de educación secundaria obrigatoria
  • Certificado de aproveitamento do curso impartido por unha entidade de formación autorizada, para as especialidades nas que así o estableza a normativa. No caso de estar a cursalo, certificado desta situación. Neste caso, será necesario presentar a certificación de superación o día do exame teórico.
  • Acreditación da experiencia laboral, para as especialidades nas que así o estableza a normativa. 
  • Certificación de ter superado un exame médico, para as especialidades nas que así o estableza a normativa.

 
Formulario de solicitude de inscrición

    - Formulario de solicitude de inscrición

  

Tema: