Programa Depoemprende na escola 2016-2017

Depoemprende na escola é un programa educativo dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º e 6º de educación Primaria no que, durante o curso escolar 2016/2017, crean e xestionan cooperativas para fabricar produtos que venden unha vez ao ano, nun mercado ou feira da súa localidade. No desenvolvemento deste programa colaboran a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación de Pontevedra.

Para poder levar a cabo este programa realizaranse accións formativas  para o profesorado (20 horas de formación)  que terán o recoñecemento por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria . Ademais desta formación levaranse a cabo 3 titorías de seguimento  que corresponden ás avaliacións trimestrais cunha duración aproximada de 2 a 3 horas cada unha delas, no Centro de Formación e Recursos de Pontevedra.

Nove centros  educativos participan neste proxecto:

  • CEIP Plurilingüe Nº 1.Tui (2 cooperativas)
  • CEIP Praza de Barcelos. Pontevedra (1 cooperativa)
  • CEP Plurilingüe de Riomaior. Vilaboa (1 cooperativa)
  • CEE Príncipe Felipe. Pontevedra (Educación Especial) (1 cooperativa)
  • CEIP A Rúa. Cangas (1 cooperativa)
  • CEIP Frián-Teis. Teis (1 cooperativa)
  • CPI Julia Becerra Malvar. Ribadumia (1 cooperativa)
  • CEP Antonio Magariños Pastoriza. Cambados (2 cooperativas)
  • CEIP de Laredo. Redondela (1 cooperativa)
Etiquetas: