Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2015-2016

Acción formativa dirixida ao alumnado de segundo curso dos ciclos formativos dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia para que poñan en valor o seu talento emprendedor e podan coñecer experiencias emprendedoras.

A actividade na Fase 2 ten unha duración aproximada de 90 minutos e desenvolverase no salón de actos do centro.

  • Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestando ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.
  • Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...)
  • Debate final. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.

Cando e onde se desenvolve a actividade?

  • Do 16 de febreiro de 2016 ata 15 de marzo de 2016.
  • Listaxe de centros educativos participantes por provincias. Premendo na provincia atopará os centros, localidades e datas de celebración:
A Coruña
Centro educativo Data Hora
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) 16/02/2016 09:30 - 11:00
IES de Fene 16/02/2016 12:30 - 14:00
CIFP Compostela (Santiago de Compostela) 17/02/2016 09:30 - 11:00
IES Monte Neme (Carballo) 08/03/2016 09:30 - 11:00
IES A Sardiñeira (A Coruña) 15/03/2016 10:00 - 11:30
Lugo
Centro educativo Data Hora
IES Muralla Romana(Lugo) 18/02/2016 09:30 - 11:00
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo) 18/02/2016 12:00 - 13:30
Ourense
Centro educativo Data Hora
CIFP Portovello 23/02/2016 09:30 - 11:00
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel 23/02/2016 12:00 - 13:30
IES Chamoso Lamas (O Carballiño) 09/03/2016  10:00 - 11:30
Pontevedra
Centro educativo Data
      Hora
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) 24/02/2016 09:00 - 10:30
IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa) 24/02/2016 12:00 - 13:30
IES Ricardo Mella (Vigo) 25/02/2016 09:30 - 11:00
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) 25/02/2016 12:00 - 13:30
CIFP A Xunqueira (Pontevedra) 01/03/2016 09:30 - 11:00
IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) 01/03/2016 12:00 - 13:30
CIFP A Granxa (Ponteareas) 02/03/2016 09:30 - 11:00
IES Pedra da Auga (Ponteareas) 02/03/2016 12:00 - 13:30
IES Escolas Proval (Nigrán) 03/03/2016 09:30 - 11:00 

 

Etiquetas: