Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019

A Asociación Erasmus Compsotela é unha das entidades beneficiarias do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, segundo o indicado na Resolución do 10 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de xullo de 2019 do procedemento BS324B (DOG do 19 de xullo de 2019).

O programa ten como finalidade reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia á adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.

Trátase de estadías de 3 meses en Azores, Italia ou Reino Unido con 100 horas mensuais na modalidade de prácticas formativas non remuneradas en entidades e empresas dos países de destino.

O prazo de presentación de solicitudes atópase aberto ata o 6 de agosto de 2019 inclusive. As solicitudes deben presentarse de forma telemática a través da páxina web http://galeuropa.es/

Etiquetas: