Proxectos de formación
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional en centros públicos para o curso 2022-2023.
Que son?
Esta modalidade de formación desenvólvese nos propios centros educativos, favorece e estimula o traballo en equipo do profesorado e propicia a innovación, a mellora da práctica docente e a actualización científico-técnica, de modo que incida na mellora da educación.
Convocatoria
Convócanse proxectos de formación do profesorado de formación profesional, nos centros educativos de niveis non universitarios que impartan estas ensinanzas.
Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.
Litaxes da covocatoria
- Resolución provisional (Publicada o 12/12/2022)
- Resolución definitiva (Publicada o 28/12/2022)
- Resolución de avaliación (Publicada o 31/07/2023)
Destinatarios
Poderá participar nesta convocatoria o profesorado que teña atribución docente nas ensinanzas de formación profesional, ou que exerza a xefatura dos departamentos de Orientación ou de Información e Orientación Profesional, e que estea destinado nalgún centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou noutros centros públicos pero que forme parte do cadro de persoal desta consellería.
Obxectivos
- Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado de formación profesional, e facilitarlle ao resto do profesorado o acceso á información obtida mediante a elaboración e a difusión de actividades de aplicación directa a aula.
- Fomentar a súa formación nas competencias profesionais para abordar con eficacia todas as situacións do proceso de ensino e aprendizaxe, e no desenvolvemento das funcións que o profesorado debe desempeñar nunha sociedade complexa e en permanente cambio.
- Potenciar a relación entre o profesorado de formación profesional e as empresas para, deste xeito, ofrecerlle unha mellor orientación ao alumnado de formación profesional.
- Establecer liñas de traballo e de toma de decisións para a mellora consensuada da educación do alumnado e do funcionamento dos centros, así como para a posta en práctica e a avaliación de accións que repercutan na mellora da calidade dos procesos curriculares e organizativos.
- Promover a formación e a actualización metodolóxica e científico-tecnolóxica dos equipos docentes a través do traballo colaborativo e do fomento da súa autonomía, partindo da experiencia e da capacidade do profesorado.
Liñas de traballo
- Innovación tecnolóxica e científica
- Innovación didáctica
- Actualización da competencia dixital docente
- Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial
- Orientación profesional, xestión do talento e emprendemento
- Plurilingüismo na formación profesional
- Atención á diversidade, convivencia, equidade e igualdade de xénero nas ensinanzas de FP
- Organización e xestión
- Actualización científica e didáctica do profesorado de formación profesional
Modelos de documentación relacionada cos proxectos de formación