Proxectos de formación da convocatoria 2015-2016. Resolución definitiva

Resolución definitiva da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O recurso poderá presentarse en calquera oficina de Rexistro da Xunta de Galicia ou do Portelo Único, ou por calquera das formas establecidas no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

No caso de presentar o recurso nunha oficina de correos, farase en sobre aberto para que as solicitudes sexan datadas e seladas polo funcionario correspondente e posteriormente proceder ao seu envío certificado.

Data de publicación: 13.01.2016