Proxectos de formación da convocatoria 2017-2018. Resolución provisional

Resolución provisional da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional para o curso 2017-2018.

Contra a presente resolución poderase interpor reclamación ante a presidenta da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. 

A reclamación poderá presentarse en calquera oficina de Rexistro da Xunta de Galicia ou do Portelo Único, ou por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No caso de presentar o recurso nunha oficina de correos, farase en sobre aberto para que as solicitudes sexan datadas e seladas polo funcionario correspondente e posteriormente proceder ao seu envío certificado.

Data de publicación: 22 de decembro de 2017

Prazo para presentar reclamacións: ata o 9 de xaneiro de 2018