Proxectos de formación para o profesorado de FP. 2019-2020

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2019-2020 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.