Proxectos LEONARDO DA VINCI IVT. Convocatoria 2013

Son proxectos de mobilidade do alumnado dentro do Programa de Aprendizaje Permanente Leonardo da Vinci aprobados polo OAPEE (Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos), actualmente o Servizo para a Internacionalización da Educación (SEPIE) en xuño de 2013. O Programa vai dirixido a persoas en Formación Profesional Inicial (IVT) que comprende ao alumnado que cursa ciclos formativos de grao medio e programas de cualificación profesional inicial.

Estas mobilidades do alumnado están financiadas con fondos da Unión Europea e o alumnado desenvolverá o programa formativo proposto polos titores de FCT dos centros correspondentes. Na xestión do proxecto participan os coordinadores ou profesorado encargado de programas internacionais destes centros.

A finalidade destes proxectos é incrementar o número de mobilidades IVT dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística  e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea. Ao mesmo tempo recibimos alumnado deses outros países para que realicen as súas prácticas en Galicia.

Os centros con proxectos Leonardo da Vinci IVT aprobados na convocatoria 2013 son:

  • CIFP Paseo das Pontes: 2 mobilidades
  • IES San Clemente: 4 mobilidades
  • IES Lamas de Abade: 12 mobilidades
  • IES Fene: 16 mobilidades
  • IES A Pinguela: 12 mobilidades
  • IES Monte Castelo: 17 mobilidades
  • CIFP A Granxa: 6 mobilidades
  • CIFP Valentín Paz Andrade: 4 mobilidades
  • IES Antón Losada Diéguez: 6 mobilidades
  • IES A Sangriña: 9 mobilidades
  • IES Escolas Proval: 7 mobilidades
  • IES Fermín Bouza Brey: 9 mobilidades
  • IES Manuel Chamoso Lamas: 1 mobilidade
  • Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: 100 mobilidades. Nos 19 CIFP da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente