Publicacións

Xornada de formación. A Orientación profesional e as novas competencias profesionais
Materiais informativos da Xornada.

Máis información

 

Xornada de formación. Formación profesional: emprego en tempo de crise
Materiais informativos da Xornada.

Máis información

 

Material didáctico emprendemento. Educación primaria
Publicación de recursos materiais dirixidos ao terceiro ciclo de Educación Primaria, destinados a fomentar entre o alumnado as calidades personais que constitúen a base dunha cultura emprendedora, no marco do Programa Eduemprende Atrévete: a responsabilidade, o esforzo, a creatividade, o traballo en equipo e a comunicación.

Máis información

 

 Validacións para técnicos superiores de FP que accedan a estudos universitarios
Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios. Este catálogo está vixente dende o curso 2013-2014 e mentres non se modifique.

Máis información

 

Materiais educativos en galego dirixidos Formación Profesional
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou o 21 de setembro de 2012, na Cidade da Cultura de Galicia, a versión galega de dous libros electrónicos elaborados no marco do Proxecto Agrupación de Centros (DRMA20), desenvolto por docentes da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos.

 

 Folletos informativos de formación profesional
Información sobre a formación profesional inicial no curso 2015-2016, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén), unidades de competencia que se acreditan por módulo ou módulos superados, módulos profesionais que se validan por unidade ou unidades de competencia acreditadas,...

 

 Folletos informativos
Información sobre temática educativa e proxectos de actualidade

Máis información

 

Guía de recursos

Manual para o profesorado de formación profesional. Pódese acceder ao manual para o profesorado de FP cuxo obxectivo é ordenar e estruturar a información recollida nas disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en relación co desenvolvemento dos ciclos formativos, dotando o profesionais implicados nel (nomeadamente o profesorado-titor) das ferramentas e dos recursos necesarios.

 

 Prevención riscos laborais
O proxecto “Prevención de riscos laborais en centros de FP da Mariña Luguesa” levouse a cabo, en colaboración coa Fundación Alcoa de San Cibrao (Lugo), durante o curso 2008-2009 nos centros educativos CIFP Porta da Auga de Ribadeo, IES Perdouro de Burela e IES María Sarmiento de Viveiro.

 

Eduemprende
O plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa dos niveis non universitarios desta cultura tan necesaria para mellorar a competitividade das nosas empresas e a empregabilidade dos galegas e das galegas. Así mesmo, constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación .


Identidade corporativa dos centros integrados de FP
Manual de consulta ao que se debe acudir para garantir o bo uso da imaxe gráfica dos Centros Integrados de Formación Profesional.

 

 2º Plan Galego de Formación Profesional 2008-2011
O Plan concibiuse como un conxunto de actuacións que deran resposta ás necesidades de cualificación e de formación profesional da poboación galega. Naceu cunha clara vocación integral, orientado cara á integración da formación profesional; interdepartamental, implicando as consellerías competentes en materia de cualificacións e FP, e interinstitucional, corresponsabilizando aos axentes sociais e á administración no seu desenvolvemento, a través do Consello Galego de Formación Profesional.

Etiquetas: