Novas da Rede

A Formación Profesional galega participa no Salimat Abanca 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no 21º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2017, que se celebra entre o 8 e o 11 de xuño no pavillón 1 do Salón Internacional de Galicia en Silleda.

A FP dual na empresa

Como en edicións anteriores de Salimat Abanca, a formación profesional galega contará cunha zona dedicada á difusión das súas ensinanzas e na que terá especial importancia a formación profesional dual, con información sobre todas as cuestións de interese sobre a mesma, especialmente sobre os proxectos de FP dual que se iniciarán o próximo curso.

Ademais, estará dispoñible un espazo de realidade virtual con gafas 3D coas que os asistentes poderán achegarse a coñecer as aulas máis modernas da FP en Galicia.

Actividades dos centros galegos de FP no Salimat Abanca 2017

Varios centros galegos das familias de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias realizarán actividades demostrativas e ofrecerán degustacións de produtos onde se mostren servizos e produtos innovadores que se están a realizar nos centros educativos de Formación Profesional de Galicia.

Como apoio ao persoal da Consellería e aos distintos centros participantes no Salimat 2017, contarase coa colaboración do profesorado e alumnado do CS Xestión de venda e espazos comercias do IES Pintor Colmeiro de Silleda.

Día Centro Actividade
Xoves 8 de xuño CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) Catro masterclass, previstas para as 11:00, 13:00, 17:00 e 19:00h, sobre os usos da camelia
Venres 9 de xuño CIFP Compostela Presentación do seu proxecto "Produtos cárnicos gourmet", con degustacións ao longo do día
Sábado 10 de xuño IES Fraga do Eume (Pontedeume) Cócteles sen alcohol, batidos e espetadas de froita para degustación dos visitantes
Sábado 10 de xuño IES de Vilamarín (Ourense) Charla demostrativa sobre o aproveitamento gastronómico da estruga
Domingo 11 de xuño CIFP Coroso (Ribeira) Presentación do proxecto "Colleitadores"
Salimat Abanca 2017
Salimat Abanca 2017
Salimat Abanca 2017
Salimat Abanca 2017
Salimat Abanca 2017
Salimat Abanca 2017
Salimat Abanca 2017
Salimat Abanca 2017