Centros da Rede

IES Fraga do Eume

O IES Fraga do Eume abriu as súas portas no ano 1987, ofertando ensinanzas da familia profesional de Hostalaría e turismo. Foi o segundo centro da comunidade en ofertar esta especialidade, e a súa oferta educativa foise ampliando ata a actualidade.

É un centro perfectamente integrado na comarca que colabora de xeito habitual  coas empresas do sector  representando ás mesmas en diversos eventos. Ten as súas portas sempre abertas á colaboración coa comunidade educativa  do contorno.

O IES Fraga do Eume, oferta ao seu alumnado un servizo de comedor, bolsa de traballo, estadías no extranxeiro, becas, etc colaborando así mesmo con servizos sociais, ONGs, …

Cabe destacar que cada ano, dende o ano 2000, no noso IES organízase un Concurso de Cociña e Coctelaría “José Rodríguez-Moldes Rey” que se está a converter nun referente para todos os centros de hostalaría da nosa comunidade.

IES Fraga do Eume
IES Fraga do Eume
IES Fraga do Eume
Técnica e innovación convertidas en arte e paixón
Técnica e innovación convertidas en arte e paixón
Técnica e innovación convertidas en arte e paixón

Datos de contacto

Gumersindo Loureiro Vázquez
Director do IES Fraga do Eume
Rúa Ricardo Sánchez 3
Pontedeume
881930455

Síganos en

Twitter