I+d+i na Rede de hostalaría

I+d+i na Rede de hostalaría

Desde a Rede galega de Formación Profesional de hostalaría promóvese a colaboración con empresas e entidades empresariais, establecendo como un dos obxectivos o desenvolvemento conxunto de proxectos de innovación, coa finalidade de conseguir unha mellora na calidade da formación e na empregabilidade e inserción laboral do alumnado, favorecendo o emprendemento e a aparición de novas iniciativas empresariais.

A innovación na Formación Profesional e o fomento da relación entre os centros educativos  e as empresas permitirá a trasformación do coñecemento e da creatividade en productos e servizos que se integren no mercado, incrementando a competitividade das empresas.

Algúns dos centros que integran a Rede participan actualmente nos seguintes proxectos de innovación:

Proxecto “Ciencia e gastronomía dos produtos da acuicultura de Galicia”

Proxecto de investigación nutricional e alimentaria das especies de acuicultura de Galicia e o tratamento culinario compartido entre o CIFP Carlos Oroza e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura de Galicia (IGAFA) da Illa de Arousa en colaboración con:

  • Asociación Gallega de Piscifactorías de Trucha (Atrugal)
  • Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia (Aroga)
  • Consello Regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia e a empresa
  • Portomuiños

 

Proxecto “Innovación e química na cociña”

O CIFP Manuel Antonio desenvolve este proxecto, destinado á adquisición e emprego de coñecementos e técnicas, vinculadas á cociña e á química.

Mesturando a cociña e a química créase un novo espazo, garantindo unha aprendizaxe interactiva e multidisciplinar.

Síganos en

Twitter